Os World Skate Games, que se celebran en Asunción (Paraguai) do 2 ao 18 de outubro, contarán coa participación dos seguintes deportistas da Federación Galega de Patinaxe:
SKATEBOARDING
Julia Benedetti, do Maroña, foi convocada para competir coa Selección Española de Skateboarding na modalidade de Park. A competición disputarase do 3 ao 10 de outubro.
Cabe destacar que Luis Cabarcos, do Northside, será un dos riders convidados polo seleccionador español para a competición de referencia da modalidade de street, que terá lugar do 11 ao 18 de outubro.
HOCKEY PATINS
A competición de hóckey a patíns celebrarase do 3 ao 18 de outubro e contará con representación galega tanto no ámbito arbitral como nas seleccións nacionais.
Rubén Fernández e Daniel Villar foron os árbitros da Federación Galega de Patinaxe designados para arbitrar nestes World Skate Games.
Hugo Mareque, do Compañía de María, foi convocado coa Selección Española Sub 19, que disputará a súa competición do 3 ao 10 de outubro.
Pola súa banda, Blai Roca, do HC Liceo, formará parte da selección absoluta masculina, que competirá do 11 ao 18 de outubro.
PATINAXE DE VELOCIDADE
A competición de patinaxe de velocidade disputarase do 7 ao 18 de outubro. Nela participarán dous representantes galegos: Chevi Guzmán, do Celta Patín, e Manu Taibo, da SCD Rabadeira, ambos convocados coa selección española sénior masculina.
PATINAXE ARTÍSTICA
Por último, a competición de patinaxe artística celebrarase do 7 ao 17 de outubro e contará cunha ampla representación galega en distintas modalidades.
Na modalidade de Libre os convocados coa selección española son:
Olivia Rey, do CPA Maxia, en categoría júnior feminina
David Rama, do CPA Maxia, en categoría júnior masculina
Unai Cereijo, do CPA Maxia, en categoría sénior masculina
Na modalidade de Solo Danza, Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, competirá na categoría sénior masculina.
Pola súa banda, Marta Blanco e Adrián Blanco, do CPA Maxia, participarán na modalidade de parellas de artístico sénior.
Ademais, o CPA Gondomar tamén competirá na modalidade de Grupos Show Júnior.
Dende a FGP queremos felicitar a todos e todas polas súas convocatorias e desexarlles moita sorte na competición.













