Unai Cereijo, do CPA Maxia, proclamouse Subcampión do Mundo de patinaxe artística libre en categoría júnior masculina no Campionato do Mundo de Pequín, China.
Tras acadar o domingo o primeiro posto provisional co seu programa curto, fíxose coa Prata co programa longo, conseguindo unha puntuación total de 234.77
Desde a FGP queremos darlle os parabéns polo seu gran traballo e o seu magnífico resultado.
Fotos: Raniero Corbelletti, World Skate.



