PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Oct 31

Un ouro, catro pratas e un bronce na Copa de Europa de patinaxe artística.

A Copa de Europa de patinaxe artística celebrouse en Stade (Alemaña) do 17 ao 24 de outubro. Os patinadores e patinadoras da FGP conseguiron un total de seis medallas: unha de ouro, catro de prata e unha de bronce.

 


 

Gael Fernández (CPA Gondomar) proclamouse campión da Copa de Europa na modalidade de Solo Danza en categoría Alevín Masculina.

 

Pola súa banda, as medallas de prata foron para a Parella Alevín formada por Daniela Cacheda e Martín Lago (Arealonga Chapela); a parella Infantil formada por Ella Calo e Eizan Calo (CP Ribeira), a Parella Sénior formada por María Bilbao e Iago Cacheiro (CP Alquimia); e Luis Cedeira (CPA Gondomar), na modalidade de Solo Danza, en categoría Xuvenil Masculina.

 

Por último, o bronce foi da man da Parella Cadete formada por Claudia Veiga e Mauro Vrhovski (CPA Omega).

 

A clasificación dos patinadores e patinadoras galegos/as na competición foi a seguinte:

 

PARELLAS

Categoría Alevín:

2º Daniela Cacheda e Martín Lago, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 22.12

 

Categoría Infantil:

2º Ella Calo e Eizan Calo, do CP Ribeira, coa puntuación total de 36.58

 

Categoría Cadete:

3º Claudia Veiga e Mauro Vrhovski, do CPA Omega, coa puntuación total de 42.54

 

Categoría Sénior:

2º María Bilbao e Iago Cacheiro, do CP Alquimia, coa puntuación total de 59.03

 

SOLO DANZA

Categoría Alevín Masculina:

1º Gael Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 36.60

 

Categoría Cadete Feminina:

8ª Martina Álvarez, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 47.45

 

Categoría Xuvenil Masculina:

2º Luis Cedeira, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 56.30

 

Categoría Sénior Feminina:

9ª Enya Rodríguez, do CP Lenda, coa puntuación total de 58.41

 

Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polos excelentes resultados acadados.

 


Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL