Do 24 ao 30 de agosto celébrase na localidade italiana de Viareggio o Campionato de Europa Sub19 masculino de hóckey a patíns coa participación das seleccións de Alemania, España, Francia, Inglaterra, Italia, Portugal e Suíza.
Rubén Fernández e Daniel Villar, pertencentes á Federación Galega, foron designados pola Comisión Europea para dirixir este Campeonato.
Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos desexarlles moita sorte e que realicen unhas boas arbitraxes.
Foto: Cristian Fernández.