Esta fin de semana dispútase a F4 da Champions League masculina de hóckey a patíns na localidade portuguesa de Matosinhos.
Os árbitros galegos Rubén Fernández e Daniel Villar serán os encargados de arbitrar unha das semifinais: Benfica – Porto. A outra eliminatoria desta competición será Barcelos – Noia.