PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Final Artistic Internacional San Juan (3)

Jun 22

Rosa García, técnica galega en terreo Luso.

Rosa García, adestradora dos clubs galegos CPA Maxia e CPA Oleiros, con patinadores internacionáis en activo, foi convidada para realizar unhas xornadas de tecnificación en Portugal.
A primeira delas terá lugar en Tomar do 23 ao 25 de xuño e estará dirixida por David Gaspar, preparador físico da Selección Portuguesa.

A segunda será en Madeira do 8 ao 12 de agosto e estará dirixida pola técnica portuguesa Sheila Rodríguez.

Unai Cereijo e Lucas Yáñez, patinadores internacionáis, acompañarán a Rosa García na illa atlántica para realizar adestramentos xunto a ela e seguir preparándose de cara ás vindeiras citas internacionáis.
 
Os clubs portugueses terán a oportunidade de traballar diferentes aspectos da patinaxe artística con Rosa. Polas máns desta adestradora galega de recoñecido prestixio, varios dos seus patinadores obtiveron medallas internacionáis en europeos e mundiáis, sendo Lucas o máximo expoñente ao gañar dous mundiáis consecutivos.

 

Desde a FGP esperamos una experiencia frutífera para Rosa e todos os clubs lusos participantes.

 

Final Artistic Internacional San Juan (3)

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL