PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Articolo_Sito_WSG

Ago 26

Representación galega de xuíces e árbitros nos World Skate Games de Italia.

Esta semana darán comezo en Italia os World Skate Games coa participación de xuíces e árbitros galegos en diferentes modalidades.

 

Primeiro será a quenda de Isabel Rodríguez, árbitro de hóckey liña, para a competición junior feminina, do 29 de agosto ao 2 de setembro e a sénior feminina, do 3 ao 8 de setembro, ambas terán lugar en Roccaraso.
Isabel Rodríguez

Isabel Rodríguez

 

Pola súa banda, Mario Calzas foi convocado como xuíz de patinaxe artística do 6 ao 22 de setembro en Rimini.
Mario Calzas

Mario Calzas

Novara acollerá as competicións de hóckey a patíns, co Campionato Sub19 Masculino e os dous Campionatos Sénior Masculino e Feminino.
Daniel Villar e Rubén Fernández son os dous árbitros galegos designados para estas competicións.

 

Daniel Villar estará no Campionato Sub19 Masculino, do 8 ao 14 de setembro, e nos dous Campionatos Sénior que se disputarán do 16 ao 22 de setembro.

 

Rubén Fernández participará nos Campionatos Sénior.
Daniel Villar e Rubén Fernández

Daniel Villar e Rubén Fernández

Por último, Sonia Lago foi designada para arbitrar no Campionato de Roller Derby en Montesilvano, do 18 ao 23 de setembro.
Sonia Lago

Sonia Lago

 

A todos eles, desde a FGP, damoslles os parabéns por estas designacións e lles desexamos unha boa actuación.
Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL