A semana pasada celebrouse a Final da World Cup das Artistic International Series en Reggio Emilia, Italia, nas que participaron varios patinadores e patinadoras galegos conseguindo os seguintes resultados:
En Grupos Show Grandes, O CPA Condado quedou Campión do Mundo, mentres que o C. Noia Patín conseguiu o 4º posto.
Na modalidade de Solo Danza, Joel Ribeiro levouse o Ouro en categoría Junior Masculina.
Na modalidade de Libre, Olivia Rey e Unai Cereijo acadaron a Prata en categoría Xuvenil Feminina e Junior Masculina respectivamente e, pola súa banda, Lucas Yáñez fíxose co Bronce en categoría Sénior Masculina.
Por último, en Parellas Junior, Marta e Adrián Blanco conseguiron o 5º posto.
CLASIFICACIÓN FINAL:
GRUPOS SHOW GRANDES
1º CPA Condado con Under the red light, coa puntuación total de 36.08
4º C. Noia Patín con Hidden Network, coa puntuación total de 30.57
SOLO DANZA
Categoría Junior Masculina:
1º Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 148.83
LIBRE
Categoría Xuvenil Feminina:
2ª Olivia Rey, do CPA Maxia, coa puntuación total de 125.19
Categoría Junior Masculina:
2º Unai Cereijo, do CPA Maxia, coa puntuación total de 248.57
Categoría Sénior Masculina:
3º Lucas Yáñez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 212.64
PARELLAS JUNIOR
5º Marta e Adrián Blanco, do CPA Maxia, coa puntuación total de 112.41
Desde a FGP queremos trasladar os nosos parabéns a todos e todas polos seus excelentes resultados.