O XXXIV Campionato de España Libre Júnior – Sénior celebrouse a pasada fin de semana en Salou coa participación de patinadores e patinadoras galegos/as.
Catro patinadores galegos do CPA Maxia conseguiron un posto no podio. David Rama proclamouse campión de España en categoría júnior masculina, mentres que Olivia Rey acadou a medalla de prata en categoría júnior feminina. Pola súa banda, en categoría sénior masculina, Unai Cereijo fíxose coa prata e Lucas Yáñez co bronce.
A clasificación dos patinadores e patinadoras galegos/as foi a seguinte:
Categoría Júnior Masculina:
1º David Rama García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 198.68
8º Raúl Sánchez Pazos, do CPA Maxia, coa puntuación total de 115.60
15º Hugo Bercero Rivas Mareque, do CP Sarela, coa puntuación total de 74.69
16º Oriel Rivas Pazos, do CP Compostela, coa puntuación total de 72.10
Categoría Júnior Feminina:
2ª Olivia Rey Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 131.38
9ª Xiana Fernández Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 115.59
16ª Iria Del Río López, do C. Noia Patín, coa puntuación total de 93.03
20ª Ruth González Alonso, do CPA Condado, coa puntuación total de 80.69
Leire Rocha Courel, do CPA Valladares, coa puntuación total de 32.23
Categoría Sénior Masculina:
2º Unai Cereijo García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 255.23
3º Lucas Yáñez Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 234.40
9º Diego Iñiguez Lodeiro, do CP Lenda, coa puntuación total de 130.90
11º Antón Vázquez Vidal, do CPA Maxia, coa puntuación total de 63.31
Categoría Sénior Feminina:
13ª Anahí Álvarez Guerner, do CPA Valladares, coa puntuación total de 91.43
Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polos seus magníficos resultados.





























