PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Sep 18

Ouro de Unai Cereijo, pratas de David Rama e Joel Ribeiro, e bronce de Alicia Castiñeiras e Álvaro Castiñeras no Campionato de Europa de patinaxe artística.

O Campionato de Europa de patinaxe artística celebrouse do 3 ao 12 de setembro en Ponte di Legno, Italia.

Os patinadores e patinadoras galegos/as conseguiron un total de catro medallas: unha de ouro, dúas de prata e unha de bronce.

 

Unai Cereijo proclamouse campión de Europa da modalidade de Libre en categoría sénior masculina.

Unai Cereijo, campión
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

Pola súa banda, as medallas de prata foron para David Rama, na modalidade de Libre, categoría júnior masculina, e para Joel Ribeiro, na modalidade de Solo Danza, categoría sénior masculina.

David Rama, subcampión
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

Joel Ribeiro, subcampión
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

 

A medalla de bronce foi para Alicia Castiñeiras e Álvaro Castiñeiras, na modalidade de Parellas de Artístico, categoría júnior.

Alicia e Álvaro Castiñeiras, bronce
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

A clasificación final dos patinadores e patinadoras galegos/as foi a seguinte:

LIBRE:

Categoría sénior masculina:

1º Unai Cereijo, do CPA Maxia, coa puntuación total de 244.70

7º Lucas Yáñez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 186.90

Unai Cereijo, campión
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

Categoría júnior masculina:

2º David Rama, do CPA Maxia, coa puntuación total de 180.46

David Rama, subcampión
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

Categoría cadete feminina:

7ª Marta Fraga, do CPA Maxia, coa puntuación total de 106.97

 

SOLO DANZA:

Categoría sénior masculina:

2º Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 143.95

Joel Ribeiro, subcampión
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

PARELLAS ARTÍSTICO:

Categoría júnior:

3º Alicia Castiñeiras e Álvaro Castiñeiras, do CP Ribeira, coa puntuación total de 92.20

Alicia e Álvaro Castiñeiras, bronce
Foto: Raniero Corbelletti – World Skate Europe

 

Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polo seu gran traballo e polos magníficos resultados.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL