As Sedes das Ligas Prebenxamín e Xuvenil de hóckey liña desta fin de semana terán lugar en Lugo, no Pavillón Daniel Cordido Castro, organizadas polo C. Lóstregos Lucus.
A Liga Xuvenil celebrarase o sábado 24 en xornada de mañá e de tarde, na que se enfrontarán os clubs ADC Alquimia Inline, Ártabros HC, CPL Brigantium, Morcegos HL e o anfitrión, Lóstregos.
Pola súa banda, a Sede Prebenxamín será o domingo 25 en xornada de mañá e de tarde, na que se enfrontarán os clubs ADC Alquimia Inline, CPL Brigantium, CH Isla Pancha, CHL Meigas e o anfitrión, Lóstregos.


