Chevi Guzmán, do Celta Patín, e Manu Taibo, da SCD Rabadeira, foron convocados coa Selección Española de patinaxe de velocidade para o Campionato do Mundo celebrado en Beidaihe, China, do 13 ao 21 de setembro.
Chevi Guzmán conseguiu un total de catro medallas: dous ouros, unha prata e un bronce.
Os resultados foron os seguintes:
Chevi Guzmán:
- Ouro nos 500m sprint cunha marca de 42.892
- Ouro nos 100m lane cunha marca de 9.702
- Prata nos 200m Dual TT cunha marca de 17.655
- Bronce na volta sprint cunha marca de 40.160
- 19º nos 1000m sprint
Manu Taibo:
- 6º na Maratón cunha marca de 58.30.135
- 19º nos 15000m eliminación
- 23º nos 5000m puntos
- 28º nos 10000m puntos
- 33º nos 10000m eliminación
Na proba de 3000m relevos, Chevi Guzmán e Manu Taibo, xunto con Patxi Peula, acadaron o 7º posto.
Desde a FGP queremos darlles os parabéns polo seu gran traballo e excelentes resultados.
Fotos: World Skate.