PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 31

Chevi Guzmán, galardoado co Laurel Olímpico do COE e recoñecido como mellor deportista masculino da RFEP do ano 2025 na “XI Gala del Patinaje”.

O venres 30 de xaneiro celebrouse a “XI Gala del Patinaje” no Pavillón Goyeneche, en Madrid.

 

Foto: RFEP.

Chevi Guzmán foi galardoado polo Comité Olímpico Español co Laurel Olímpico, distinción que recoñece a traxectoria, compromiso e dedicación ao deporte.

Foto: RFEP.

 

Así mesmo, foi recoñecido co premio ao mellor deportista masculino da RFEP do ano 2025, ano no que se proclamou Campión do mundo nos 500m sprint e 100m lane, ademáis de conseguir unha prata e un bronce no Campionato do Mundo, cinco medallas de ouro nos World Skate Games e bater dous récords mundiais nas probas de 100m e 200m.

Foto: RFEP.

Foto: RFEP.

 

Á Gala asistiron Alejandro Blanco, Presidente do COE; Milagros Tolón, ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes; Carmelo Paniagua, Presidente da RFEP; e María Jesús Vázquez, Presidenta da FGP.

Foto: RFEP.

María Jesús Vázquez, Presidenta da FGP, entregando a Medalla e Diploma de Mérito da RFEP a Artur Cabré. Foto: RFEP.

María Jesús Vázquez, Presidenta da FGP, entregando a Medalla e Diploma de Mérito da RFEP a Artur Cabré. Foto: RFEP.

 

Desde a FGP queremos dar os nosos parabéns a Chevi por estas merecidas distincións.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL