Xa celebrados os World Skate Games de Asunción 2026, os deportistas da Federación Galega de Patinaxe pecharon a competición cun balance de nove medallas: catro ouros, tres pratas e dous bronces.
PATINAXE DE VELOCIDADE
Chevi Guzmán, do Celta Patín, bateu o récord do mundo nos 100 m sprint, cunha marca de 9,467 segundos.
Chevi acadou tres medallas de ouro e dúas de prata. Proclamouse campión do mundo nos 100 m sprint, na volta sprint e nos 3000 m relevos, xunto con Manu Taibo e Patxi Peula.
Pola súa banda, acadou as medallas de prata nas probas dos 200 m Dual TT e dos 500 m + D.
Ademais, rematou no 19º posto nos 1000 m sprint.
Manu Taibo, da SCD Rabadeira, conseguiu o ouro na proba dos 3000 m relevos, xunto con Chevi Guzmán e Patxi Peula, ademais do bronce na maratón.
Taibo tamén acadou o 7º posto nos 5000 m puntos, 8º nos 10000 m eliminación e 30º nos 15000 m eliminación.
HÓCKEY A PATÍNS
Hugo Mareque, do Compañía de María, quedou campión do mundo coa Selección Sub 19 masculina de hóckey a patíns, tras vencer a Portugal na final por 2 -1.
Pola súa banda, Blai Roca, do HC Liceo, formou parte da Selección Absoluta Masculina, que rematou a competición no 4º posto.
Compre destacar que a coruñesa María Sanjurjo proclamouse campioa do mundo coa Selección Absoluta Feminina.
PATINAXE ARTÍSTICA
Modalidade de libre:
Unai Cereijo, do CPA Maxia, proclamouse subcampión do mundo na categoría sénior masculina, cunha puntuación total de 260.16 puntos.
David Rama, do CPA Maxia, acadou a medalla de bronce na categoría júnior masculina, cunha puntuación de 193.03 puntos.
Olivia Rey, do CPA Maxia, rematou no 8º posto da categoría júnior feminina, coa puntuación total de 138.28 puntos.
Modalidade de Solo Danza:
Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, finalizou no 5º posto da categoría sénior masculina, acadando unha puntuación de 153.01.
Parellas de artístico sénior:
Marta Blanco e Adrián Blanco, do CPA Maxia, remataron no 4º posto, cunha puntuación de 147.09.
Grupos Show Júnior:
O CPA Gondomar acadou o 5º posto cun total de 22.66 puntos.
SKATEBOARDING
Julia Benedetti, do Maroña, rematou no 31º posto na modalidade de Park, tras quedar eliminada nos cuartos de final.
HÓCKEY LIÑA
Por último, Pablo Iglesias, antigo xogador do Lóstregos Lucus, acadou o bronce coa Selección Júnior masculina.
Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polo seu gran traballo e polos magníficos resultados acadados.


















