A primeira edición da Copa de Europa de patinaxe artística de Grupos Show, Cuartetos e Precisión celebrouse do 24 ao 26 de setembro en Figueres.
O CPA Luar acadou o bronce na categoría de Grupos Show Pequenos coon Save the Queen.
A clasificación dos clubs galegos na competición foi a seguinte:
GRUPOS SHOW PEQUENOS
3º God save the Queen, do CPA Luar, coa puntuación total de 25.05
4º Murder on the Orient Express, do AEHDE, coa puntuación total de 24.46
GRUPOS SHOW JÚNIOR
5º Compulsive do CP Porriño, coa puntuación total de 20.05
Dende a FGP queremos dar os parabéns aos tres clubs polo seu traballo e polos excelentes resultados acadados.





















