O sábado 7 de marzo celebráronse os Play Off da Liga Xuvenil – Xunta de Galicia de hockey liña, na que o ADC Alquimia Inline proclamouse campión galego.
Os encontros tiveron lugar no Polideportivo Carballeira, no Concello de Ourense, e os resultados foron os seguintes:
Semifinais:
Morcegos HL 1 – 4 ADC Alquimia Inline
Lóstregos 3 – 0 CPL Brigantium
Final:
ADC Alquimia Inline 2 – 1 Lóstregos




















