PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Oct 19

Catro ouros, tres pratas e dous bronces dos deportistas da FGP nos World Skate Games de Asunción 2026.

Xa celebrados os World Skate Games de Asunción 2026, os deportistas da Federación Galega de Patinaxe pecharon a competición cun balance de nove medallas: catro ouros, tres pratas e dous bronces.

 

PATINAXE DE VELOCIDADE

Chevi Guzmán, do Celta Patín, bateu o récord do mundo nos 100 m sprint, cunha marca de 9,467 segundos.

Chevi acadou tres medallas de ouro e dúas de prata. Proclamouse campión do mundo nos 100 m sprint, na volta sprint e nos 3000 m relevos, xunto con Manu Taibo e Patxi Peula.

 

Foto: RFEP

Foto: RFEP

Foto: RFEP

 

Pola súa banda, acadou as medallas de prata nas probas dos 200 m Dual TT e dos 500 m + D.

 

Foto: RFEP

Foto: RFEP

 

Ademais, rematou no 19º posto nos 1000 m sprint.

 

Manu Taibo, da SCD Rabadeira, conseguiu o ouro na proba dos 3000 m relevos, xunto con Chevi Guzmán e Patxi Peula, ademais do bronce na maratón.

Taibo tamén acadou o 7º posto nos 5000 m puntos, 8º nos 10000 m eliminación e 30º nos 15000 m eliminación.

 

Foto: RFEP

Foto: RFEP

 

HÓCKEY A PATÍNS

Hugo Mareque, do Compañía de María, quedou campión do mundo coa Selección Sub 19 masculina de hóckey a patíns, tras vencer a Portugal na final por 2 -1.

Foto: RFEP

Foto: RFEP

 

Pola súa banda, Blai Roca, do HC Liceo, formou parte da Selección Absoluta Masculina, que rematou a competición no 4º posto.

Foto: World Skate

 

Compre destacar que a coruñesa María Sanjurjo proclamouse campioa do mundo coa Selección Absoluta Feminina.

 

PATINAXE ARTÍSTICA


Modalidade de libre: 


Unai Cereijo, do CPA Maxia, proclamouse subcampión do mundo na categoría sénior masculina, cunha puntuación total de 260.16 puntos.

Foto: RFEP

Foto: Raniero Corbelletti

 

David Rama, do CPA Maxia, acadou a medalla de bronce na categoría júnior masculina, cunha puntuación de 193.03 puntos.

Foto: RFEP

Foto: Raniero Corbelletti

 

Olivia Rey, do CPA Maxia, rematou no 8º posto da categoría júnior feminina, coa puntuación total de 138.28 puntos.

Foto: Raniero Corbelletti

 

Modalidade de Solo Danza: 

Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, finalizou no 5º posto da categoría sénior masculina, acadando unha puntuación de 153.01.

Foto: Raniero Corbelletti

 

Parellas de artístico sénior:

Marta Blanco e Adrián Blanco, do CPA Maxia, remataron no 4º posto, cunha puntuación de 147.09.

Foto: Raniero Corbelletti

 

Grupos Show Júnior:

 O CPA Gondomar acadou o 5º posto cun total de 22.66 puntos.

Foto: Raniero Corbelletti

 

SKATEBOARDING

Julia Benedetti, do Maroña, rematou no 31º posto na modalidade de Park, tras quedar eliminada nos cuartos de final.

Foto: World Skate

 

HÓCKEY LIÑA

Por último, Pablo Iglesias, antigo xogador do Lóstregos Lucus, acadou o bronce coa Selección Júnior masculina.

 

Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polo seu gran traballo e polos magníficos resultados acadados.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL