PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
5d1482dd-8927-4f5a-a1b5-4e1eb594ab66 3

Feb 03

Hoxe celebrouse a VIII Gala del Patinaje da RFEP.

Hoxe, venres 3 de febreiro, tivo lugar a VIII edición da Gala del Patinaje as 19:00. Celebrouse en Madrid, no Pabellón Goyeneche do Comité Olímpico Español.

Nesta gala entregáronse distintos premios aos deportistas, clubs, xuíces, membros federativos e entidades que destacaron ou acadaron diferentes logros, a nivel mundial e europeo, durante o pasado ano 2022.

Xa se coñecía a listaxe das distincións e, nela, atopábanse varios galegos (Galardonados na Gala del Patinaje).

 

Padre Alejandro, Ignacio González, CAA Dominicos, Chevi Guzmán e Lucas Yáñez, acompañados da Presidenta da FGP, Mª Jesús Vázquez, e do Secretario General da FGP, Javier Losada.

Padre Alejandro, Ignacio González, CAA Dominicos, Chevi Guzmán e Lucas Yáñez, acompañados da Presidenta da FGP, Mª Jesús Vázquez, e do Secretario General da FGP, Javier Losada.

 

Nesta edición da Gala del Patinaje otorgáronse os premios, por un lado, polo Comité Olímpico Español e por outro, pola propia Real Federación Española de Patinaje.
Os galegos que se levaron algunha distinción foron os seguintes:

O Comité Olímpico Español premióu a Chevi Guzmán (SFV Vigo) e a César Carballeira (Deportivo Liceo) coas medallas olímpicas en patinaxe de velocidade e hóckey sobre patíns respectivamente. A insignia olímpica foi entregada a Ignacio González Pereira, vicepresidente da Federación Española de Patinaje.

 

Doutra banda, a Federación Española de Patinaje premióu coa placa de ouro ao CAA Dominicos (hóckey sobre patíns) e coa insignia de ouro a Alejandro Pérez García pola súa labor neste mesmo club.

 

CAA Dominicos. Recolle o premio o seu Presidente, Carlos García-Raposo.

CAA Dominicos. Recolle o premio o seu Presidente, Carlos García-Raposo.

ee7c6e47-96b7-4c64-89d8-113571c62d66

 

Padre Alejandro

Padre Alejandro Pérez García.

334103ab-0b73-495b-a2fc-8b2ad902b406

 

A RFEP tamén otorgoulles a Chevi Guzmán e a Manuel Taibo (SCD Rabadeira), ambos de patinaxe de velocidade, a medalla e diploma do mérito a campións do mundo sénior e junior e campións de Europa sénior no 2022.

 

03e346aa-e3b2-42d1-8f01-3d064e799972

Chevi Guzmán.

 

Finalmente, Lucas Yáñez (CP Maxia) de patinaxe artístico, xunto con Chevi Guzmán e Manuel Taibo, leváronse o Trofeo Conmemorativo para as medallas de ouro nos World Skate Games en Arxentina.

 

Premiados, entre os que se topan Chevi Guzmán e Lucas Yáñez.

Premiados co Trofeo Conmemorativo, entre os que se topan Chevi Guzmán e Lucas Yáñez.

 

Premiados na Gala del Patinaje.

Premiados na Gala del Patinaje.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL