PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
resize.asp

Ene 19

Galegos galardonados na vindeira Gala del Patinaje da RFEP.

A VIII edición da Gala del Patinaje terá lugar o venres 3 de febreiro as 19:00 no Pabellón Goyeneche do Comité Olímpico Español, en Madrid.

Os premios otórganse a deportistas, árbitros, xuíces, clubes, membros federativos e distintas entidades vinculadas aos distintos deportes, que foron destacados no pasado ano 2022 polos seus logros nos campeonatos de Europa e do Mundo.

 

A listaxe destas distinciones da Real Federación Española de Patinaje ten, por un lado, os galardonados polo COE e por outro, os galardonados polo propia RFEP. Nesta listaxe atopamos varios galegos.

Entre os premiados polo Comité Olímpico Español están Chevi Guzmán, do SFV Vigo (patinaxe de velocidade) e César Carballeira, do Deportivo Liceo (hóckey sobre patíns), coas medallas olímpicas. Tamén se premiará coa insignia olímpica a Ignacio González Pereira, vicepresidente da Federación Española de Patinaje.

 

20221103_085805

                                                                   Chevi Guzmán.

 

721a4212-ee61-43d8-9b3e-ca45d432c5af_16-9-discover-aspect-ratio_default_0

                                                               César Carballeira.

 

Os galegos galardonados pola Real Federación Española de Patinaje son os seguintes:

O CAA Dominicos (hóckey sobre patíns), coa placa de ouro e Alejandro Pérez García, que se lle otorga unha insignia de ouro polo seu traballo no mesmo club.

Chevi Guzmán, tamén galardonado polo COI, e Manuel Taibo, da SCD Rabadeira, ambos de patinaxe de velocidade, recibirán a medalla e diploma do mérito da RFEP a campións do mundo sénior e junior e campións de Europa sénior 2022.

 

taibo

                                                                       Manuel Taibo.

 

E por último, o Trofeo conmemorativo para as Medallas de Oro nos World Skate Games, o levarán Lucas Yáñez, do CP Maxia (patinaxe artístico), Chevi Guzmán e Manuel Taibo.

 

20221102_090920-768x512

                                                                      Lucas Yáñez.

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL