Na tarde do pasado xoves, 30 de marzo, realizouse unha xuntanza da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas), na sede da Federación Galega de Caza, á que acudiu unha gran representación de membros de diversas Federacións Deportivas Galegas, entres os que se atopaba o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres Prada. Na mesma, os representantes das distintas Federacións amosaron a súa preocupación ante a actual situación económica que atravesan.
A UFEDEGA realizou ao día seguinte un comunicado para expresar e transmitir a actual situación económica, así como os acordos chegados respecto ós diferentes temas que afectan ás Federacións Deportivas Galegas, que podedes consultar no documento adxunto.