A pasada fin de semana celebrouse o Campionato de España de Patinaxe de Velocidade en Pista para as categorías Junior e Sénior no patinódromo municipal de El Prat del Llobregat, en Barcelona.
Os patinadores e patinadoras galegos/as conseguiron 6 medallas, unha Prata e cinco Bronces:
– Raúl Couto (categoría junior masculina) da SCD Rabadeira, foi medalla de Prata en 5000 puntos, medalla de Bronce en 1000m sprint e medalla de Bronce en 10000m eliminación.
– Manuel Taibo (categoría sénior masculina) da SCD Rabadeira, conseguiu dúas medallas de Bronce, unha na proba de 5000m puntos e outra nos 10000m eliminación.
– Andrea Boedo (categoría sénior femenina) da SCD Rabadeira, foi medalla de Bronce nos 200m contrarreloxo e, ademáis, obtivo un excelente cuarto posto nos 500m sprint.
Cabe destacar tamén a actuación de John Sebastián Luna, da SCD Rabadeira, que quedou en terceiro lugar na proba de 10000m eliminación. Ademáis, obtivo un excelente 6º posto na proba de 5000m puntos.
Pola súa banda, Xoel Vilariño, da SCD Rabadeira, conseguiu un 9º posto na proba de 10000m eliminación.