PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Grupo 4 Preselecciones Nacionales

Ene 29

Tecnificación de Patinaxe Artística Impulsa aos Mellores Patinadores Galegos para a Tempada 2024.

Nunha destacada iniciativa, os mellores patinadores galegos beneficiáronse dunha intensiva tecnificación os días 27 e 28 de xaneiro en A Coruña.

 

A tecnificación correu a cargo do técnico internacional Óscar Molins Ruiz. O adestrador catalán dedicou varias horas de adestramento intensivo a traballar cos patinadores os elementos de índole técnico e artístico dos programas da modalidade de libre para afrontar a tempada 2024 en óptimas condicións.

 

Os patinadores foron divididos en catro grupos segundo a súa categoría e nivel de patinaxe. o último dos grupos estivo composto polos patinadores de alto rendemento deportivo que foron seleccionados pola RFEP debido aos seus bos resultados na tempada anterior. Mario Calzas, xuíz internacional colaborador nesta tecnificación, realizou unha revisión dos programas cortos para brindar algunhas claves que poidan axudar a estes patinadores a conseguir unha maior puntuación.

 

A dinámica de traballo respectou o modelo que a RFEP creou para este tipo de actividades deportivas. A organización e planificación da tecnificación correu a cargo de Patricia Dopico, membro do Comité de Patinaxe Artística de la FGP.

 

A tecnificación non implicou costes de inscrición para os patinadores, cubrindo cos gastos das instalacións e profesorado a propia Federación Galega de Patinaxe. 


Desde a federación, agradecese a todos os involucrados a súa contribución a este evento para levalo a cabo con éxito.


Nos próximos meses realizarase unha segunda tecnificación desta modalidade para realizar un seguimento deportivo e afianzar o progreso destes futuros campións.

 

Grupo 1 Grupo 2 tecnificando Grupo 2 Grupo 3 explicacion Grupo 3 Grupo 4 Preselecciones Nacionales Grupo 4 revision discos Grupo 4 tecnificando

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL