PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Fundación Deporte Galego

May 12

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS CONVOCADAS POLA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

Este pasado luns día 11 publicouse no Diario Oficial de Galicia, a listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2019 publicada no DOG do 11.01.2020 (código de procedemento PR945C).

 Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: dende mañá martes 12.05.2020 ata o luns 25.05.2020. Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e en “Accións” seleccionar “Emenda ao requirimento”; téñase ademais especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar –PR945C-.

 As entidades cun dobre asterisco (**) no motivo da emenda figuran tamén no anexo II de solicitudes inadmitidas.

Pódese ver listaxe e contacto en: https://deporte.xunta.gal   (apartado CONVOCATORIAS).

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL