Na tarde do domingo 17 de febreiro celebrouse no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña unha sesión de Tecnificación de Hóckey sobre Patíns dirixida polo director técnico da Federación Galega de Patinaxe, Juan Copa, e os seleccionadores galegos masculino e feminino, Manuel Togores e Joan Grasas, quen estiveron acompañados por Martín Barrós como adestrador de porteiros.
Durante dúas horas dirixiron unha sesión de adestramento na que estiveron presentes os dezaséis convocados dos clubes Compañía de María, Obradoiro, C. H. Compostela, A. A. Dominicos, A. C. Órdenes e A. D. Liceo.
#eupatino