PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
PROMOCIÓN 1_IMG_5610

Mar 20

Segunda Tecnificación de patinadores e patinadoras galegos/as na Modalidade de Libre.

A pasada fin de semana realizouse a segunda Tecnificación da Modalidade Libre en Galicia. Nesta ocasión convocouse a 57 patinadores, 7 dos cales forman parte da listaxe de “Grupo de Pre-Selecciones 2024” que elabora o Comité Nacional de Patinaxe Artística.

 

Os patinadores e patinadoras foron divididos/as nun total de 7 grupos, 2 de eles denominados de “promoción” para achegar aos/as patinadores/as máis novos/as a esta dinámica de traballo.

 

Nesta ocasión, planificouse en dúas sedes para facilitar la loxística dos patinadores/as convocados/as: o sábado pola mañá e domingo todo o día realizouse no Pabillón de Elviña (A Coruña), mentres que o sábado pola tarde tivo lugar no Pabillón de O pino (Santiago).

 

A tecnificación foi planificada pola responsable do comité galego de Patinaxe Artística, Patricia Dopico e contou, de novo, co Técnico Internacional Oscar Molins e o xuíz internacional Mario Calzas. Deste modo, fíxose un correcto seguimento do traballo realizado no mes de xaneiro e que tivo sa súa continuidade con esta segunda tecnificación.

 

Todos os grupos puideron gozar de varias sesións nas que Oscar Molins foi corrixindo a técnica dos elementos da patinaxe libre, así como aspectos coreográficos que afectan á puntuación de compoñentes. O grupo de preseleccións nacionais, formado polos mellores patinadores galegos de libre tiveron, ademais, a revisión dos discos largos co xuíz internacional para identificar melloras nos mesmos desde un punto de vista regulamentario.

 

Por outra banda, exceptuando os grupos promocionáis, os/as patinadores/as de cada grupo intercalaron dentro do programa de tecnificación unha charla dunha hora de duración co xuíz internacional. Nesta acción didáctica explicáronselles unhas pequenas píldoras informativas sobre as puntuacións no apartado artístico desde o punto de vista do xuíz da competición.

 

Desde o Comité Autonómico aproveitamos para felicitar o traballo realizado polos Patinadores, patinadoras e técnicos para seguir medrando profesionalmente neste deporte e colocando a Galicia no panorama internacional con tan bos resultados.

GRUPO 1_IMG_5330 GRUPO 2_IMG_5404 GRUPO 3_IMG_5587 GRUPO 4_IMG_5409 IMG_5501 IMG_5627 IMG_5631 PROMOCIÓN 1_IMG_5610 PROMOCIÓN 2_IMG_5448

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL