Esta fin de semana celébrase no Polideportivo de Vite, en Santiago, a Final Four do Campionato Galego de hóckey a patíns na categoría Infantil Feminina.
Os equipos clasificados son: DP Berenguela Axiltec, HC Liceo, HC Raxoi e HC Cambre.
O sábado xóganse as semifinais cos seguintes cruces:
17 h: DP Berenguela – HC Cambre
19 h: HC Liceo – HC Raxoi
O domingo, ás 10 h, xogarase o partido polo 3° e 4° posto e, ás 12 h, a final.
Todos os partidos serán retransmitidos por Partidos Hockey Gallegos: https://www.youtube.com/@partidoshockeygallegos

