Do 1 ao 5 de outubro celébrase en San Juan, Argentina, o Mundial de clubs de hóckey a patíns masculino coa participación de:
Sporting Club Portugal e OC Barcelos, de Portugal.
HC San Jorge, de Chile.
Andes Talleres, Olimpia Patín Club e Centro Valenciano, de Argentina
FC Barcelona, de España
Melbourne Roller Hickey Club, de Australia
Entre os árbitros designados para este Campionato atópase Rubén Fernández, pertencente á Federación Galega e único representante español neste evento.