Esta fin de semana disputábase no Polideportivo de Elviña II o XI Torneo Luso Galaico de hóckey a patíns en categoría Sub15 Masculina.
Este Torneo serve de preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que terá lugar en Bilbao a vindeira semana.
Resultados Selección Galega:
Selección Galega 11 – AP Minho 2
Selección Galega 7 – AP Porto 1
Selección Galega 7 – AP Aveiro 3
Á entrega de trofeos e medallas acudiu a Presidenta da FGP e representantes das distintas Asociacións de Patinaxe de Aveiro, Minho e Porto.