Os patinadores e patinadoras galegos de Primeira Categoría tiveron este sábado a súa primeira competición da tempada na que desenvolveron o programa curto de patinaxe libre, que como xa é habitual se celebrou nas provincias da Coruña e Pontevedra este sábado 26 de xaneiro.
O Trofeo Deputación da Coruña tivo lugar no pavillón Castelao I de Ordes organizado polo Club Patinaxe Galia contando con 77 participantes. No Trofeo Deputación de Pontevedra, que se disputou no pavillón de Candeán de Vigo baixo a organización do Club Patín Vagalume-Celtamotor, foron 44 os participantes.
Clasificacións: TROFEO DEPUTACION A CORUÑA – TROFEO DEPUTACION PONTEVEDRA
[Fotos: C. P. A. Maxia e C. P. Vagalume]
#eupatino