Este pasado sábado 15 de setembro celebrouse no pavillón de Caión do concello coruñés da Laracha unha nova edición do Campionato Galego de Patinaxe Artística na modalidade libre, no que participaron un total de 39 patinadores e patinadoras das categorías Benxamín, Alevín e Infantil baixo a organización do CP Conxuro Laracha.
Os campións foron Lois Rivas Rodríguez (AD Raiola Ferrol) e Olivia Rey Pérez (CP Oleiros) en Benxamín, Unai Cereijo García (CPA Maxia) e Martina Fernández Otero (CP Oleiros) en Alevín e Diego Íñiguez Lodeiro (C. Patín Axel Arteixo) e Paula Rey Pérez (CP Oleiros) en Infantil.
Os resultados completos e as puntuacións poden ser consultados en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/.
[Fotos: Julio Rey e CP Conxuro A Laracha]
#eupatino