Case medio milleiro de patinadores e patinadoras acudiron esta pasada fin de semana á II Fase de Niveis Libre (4 a 8) de Patinaxe Artística, competición coa que remata a tempada nesta modalidade.
Tres foron as sedes e organizadores que acolleron aos participantes dos clubes galegos cos de A Coruña Norte competindo no Pavillón Augusto César Lendoiro de Corcubión nunha proba organizada polo C. P. A. Costa da Morte e que contou con 142 participantes. Na de A Coruña Sur, desenvolvida no Pavillón A Cachada de Boiro, rexistráronse 156 inscricións na cita que levou a cabo o C. P. Boiro. Ambas as dúas se celebraron na xornada do sábado 16 de novembro ao igual que a disputada no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas para os clubes de Pontevedra e Ourense. O elevado número de patinadoras e patinadores, en número de 200, obrigou a programar tamén unha xornada matinal o domingo 17 na competición organizada polas Escolas Deportivas Municipais de Salceda de Caselas.
Os resultados definitivos poden ser consultados na páxina web de competicións de Patinaxe Artística http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/
[Fotos: C. P. Conxuro, C. P. Ribeira, C. P. Oroso, C. P. A. Ribex e C. P. Sarela]
#eupatino