Chevi Guzmán, do Celta Patín, bate o récord do mundo nos 100 m sprint cunha marca de 9,467 segundos nos World Skate Games de Asunción.
O velocista suma xa cinco medallas na competición: tres ouros e dúas pratas.
Guzmán proclamouse campión do mundo nas probas dos 100 m sprint, a volta sprint e os 3000 m relevos, xunto con Manu Taibo, da SCD Rabadeira, e Patxi Peula.
As dúas medallas de prata chegaron nas probas de 200 m Dual TT e nos 500 m + D.
Dende a FGP queremos darlle os parabéns polo seu traballo e por estes magníficos resultados, motivo de orgullo para a patinaxe galega.
Parabéns, Chevi!

