PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
RECICLAJE 2024-3

Ene 30

Reciclaxe anual de xuíces de patinaxe artística.

Os xuíces e especialistas de patinaxe artística xa finalizaron a súa reciclaxe anual. Esta acción formativa ten o obxectivo de actualizar os sistemas de puntuación e afianzar coñecementos nos xuíces que contan xa cunha titulación.

Este ano, a reciclaxe dividiuse en dúas sesións. A primeira, en modalidade online, tivo lugar o 7 de xaneiro en horario de 16 a 20 horas. Durante esta sesión refrescáronse as normas internas que os xuíces deben seguir nas competicións de Galicia e traballáronse algúns aspectos dos reglamentos específicos de cada modalidade de patinaxe artística dende o punto de vista do panel técnico.

A última das sesións realizouse o pasado 28 de xaneiro en horario de 10 a 14 horas no salón de actos da Federación Galega de Patinaxe. Esta cita na cidade herculina foi presencial e a ela se desprazaron máis de 40 xuíces de toda a comunidade.

 

O enfoque que se realizou na sesión presencial foi fundamentalmente práctico a través de multitude de vídeos de programas de patinaxe artística para fixar criterios comúns de puntuación, tanto nos patinadores de iniciación como nos patinadores de categorías superiores.

 

A reciclaxe foi liderada por Mario Calzas, xuíz internacional e representante de xuíces de la FGP e contou coa colaboración de Lucía Vázquez, xuíza nacional e membro do equipo de xuíces de la FGP.

 

Os xuíces asistentes participarán nas distintas competicións que se leven a cabo en Galicia durante os próximos meses.

 

Ter un xurado profesional e preparado é unha condición indispensable para que a patinaxe artística siga crecendo ano a ano. Por tal motivo, a FGP non cobrou ningunha taxa de inscrición aos xuíces asistentes e asumiu os gastos derivados da reciclaxe.

 

Por último, agradecer aos xuíces a súa implicación e traballo constante para poder levar a cabo a súa tarefa en óptimas condicións.

RECICLAJE 2024-1 RECICLAJE 2024-2 RECICLAJE 2024-3

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL