Esta mañá celebrouse a Presentación Oficial do Campionato de España de Skate Cross e Pump Track, que terá lugar o 19 e 20 de xullo en Pereiro de Aguiar, Ourense.
O acto contou coa presencia de representantes da Deputación Provincial de Ourense, do Concello Municipal de Deportes de Ourense, do Concello de Pereiro de Aguiar e do Secretario da Federación Galega de Patinaxe, Javier Losada.