PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
kjgh

Abr 13

Primeiro Posto de Chevi Guzmán e Raúl Couto na segunda proba da European Cup Inline Speedskating.

A pasada fin de semana celebrouse en Lagos, Portugal, a segunda proba da European Cup Inline Speedskating, que este ano bateu récord de participación con presencia de patinadores de múltiples nacionalidades.

 

 

Nesta proba os resultados obtidos polos patinadores galegos foron moi bos, destacando o primeiro posto de Johan Sebastián Guzmán, do club Celta Patín, na xeral de probas cortas de categoría sénior, e o tamén primeiro posto obtido por Raúl Couto, do S.C.D. Rabadeira, na clasificación xeral de probas longas en categoría xuvenil.

 

Tamén destacaron polos seus resultados Silvia García, do club Sada Patín, cun sexto posto na clasificación xeral de probas curtas en categoría xuvenil, Javier Vicos, patinador junior do club S.C.D. Rabadeira, cun sétimo posto no ranking xeral, Marcos Vicos, patinador do S.C.D. Rabadeira que conseguiu a sétima praza no ranking xeral de categoría sénior, Pablo Cal, patinador infantil do club Sada Patín, que obtivo a décima praza na clasificación xeral de probas curtas, e Uxía Sambad, do club Sada Patín, que conseguiu a décima praza na clasificación xeral de probas longas en categoría xuvenil.

podium de Chevi en Lagos Podium de Raul en Copa Europa Lagos

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL