Este sábado 10 de maio será a primeira competición da Selección Galega de skateboarding na categoría sub16, tanto masculina como feminina, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, organizado pola Federación Vasca de patinaxe.
Este esperado evento deportivo congregará a oito seleccións autonómicas do territorio nacional, marcando un fito significativo para o skateboarding no ámbito federativo español.
A conformación desta selección é o resultado do Programa de Tecnificación implantado por esta federación dende a tempada 2023/2024. Dito programa permitiu a identificación, seguimento e formación de talentos do skateboarding galego, que representarán á nosa comunidade autónoma nesta competición de ámbito nacional.
Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos darlles os parabéns a todos os deportistas seleccionados, técnicos e colaboradores que fixeron posible este logro e queremos desexarlles moita sorte no Campionato.