PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Oct 23

Preinscrición Team RFEP Promesas de Hóckey a Patíns Galicia

A Real Federación Española de Patinaxe inicia o Programa TEAM RFEP PROMESAS, coa colaboración da FGP, dirixido a xogadores e xogadoras de Hóckey a Patíns das categorías Alevín e Infantil, masculinas e femininas, co obxectivo de desenvolver todo o potencial dos e das novos/as deportistas.

 

As xornadas de tecnificación pretenden:

    • Traballar e mellorar o nivel técnico e táctico dos/das xogadores/as.
    • Acompañar e formar os/ás adestradores/as de categorías formativas.
    • Transmitir valores de esforzo, respecto, igualdade, traballo en equipo e constancia.

Data prevista na nosa comunidade:

Domingo, 9 de novembro en A Coruña.

 

Cada sesión de adestramento terá unha duración de dúas horas.

 

A inscrición ten un custo de 25 € por deportista e sesión.

 

PREINSCRICIÓN:

As familias interesadas deberán cubrir o formulario de preinscrición antes do luns 27 de outubro na seguinte ligazón:

 

Para xogadores e xogadoras:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScVqwtZrUrLV7rpv19q1P1q9W5b25OuVQseLwQRhRvXcybqGw/viewform?usp=sharing&ouid=117865496562654665794

 

Para adestradores e adestradoras:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf6CnC4zNY5c3If6BHmhYLQw3B54HYsOug_BMjbD9xQkyGhBg/viewform 
 

INSCRICIÓN DEFINITIVA:

Tras o peche de preinscricións, a RFEP enviará ás familias o formulario final para confirmar a súa praza.

 

Correo electrónico de contacto para calquera dúbida: tecnificacionesrfep@gmail.com

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL