O XXXIV Campionato de España Libre Cadete – Xuvenil celebrouse a pasada fin de semana en Zaragoza. Marta Fraga, do CPA Maxia, fíxose coa medalla de prata en categoría cadete feminina.
A clasificación dos patinadores e patinadoras galegos/as foi a seguinte:
Categoría Cadete Feminina:
2ª Marta Fraga Fuentes, do CPA Maxia, coa puntuación total de 132.28
7ª Martina Alonso Linares, do CPA Maxia, coa puntuación total de 116.69
Lía Alcalde Patiño, do CPA Maxia, coa puntuación total de 33.07
Categoría Cadete Masculina:
19º Izan Montesinos Pose, do C.A.R.P.A., coa puntuación total de 55.08
20º Hugo Vrhovski Carballeira, do CPA Omega, coa puntuación total de 54.42
Categoría Xuvenil Feminina:
7ª Vera Fernández Martis, do CPA Maxia, coa puntuación total de 93.46
9ª María Miranda García, do CPA Condado, coa puntuación total de 86.44
10ª Xiana García Ferreirós, do C. Noia Patín, coa puntuación total de 84.73
16ª Carla Gilsanz Iglesias, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 75.04
Categoría Xuvenil Masculina:
8ª Artai García Rodríguez, do CPA Condado, coa puntuación total de 75.33
Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polos seus excelentes resultados.








