PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Sep 21

Ouro para Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Street na categoría Sub 12.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Street celebrouse os días 18 e 19 de setembro en Alcoi, coa participación da Selección Galega de Skateboarding.

 

O equipo galego Sub 12, formado por Mateo Miranda Sedes e Leo Miranda Sedes, acadou a 1ª posición, levando a Galicia ao máis alto da clasificación na súa categoría.

 
Pola súa banda, o equipo Sub 16, formado por Xian Couto Viqueira, Teo García Echeverry e Alex Valero Villamar, acadou a 4ª posición, completando así a participación galega en Alcoi.

 
Ao fronte da expedición estivo Iván Maroño Martínez, como técnico da Selección Galega.

 
Dende a Federación Galega de Patinaxe queremos felicitar aos cinco deportistas e ao seu técnico polos resultados acadados e polo traballo realizado durante todo o campionato.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL