A pasada fin de semana celebrouse o Trofeo Ciudad de Alcoi de Grupos Show Grandes e Pequenos no Polideportivo Municipal Francisco Laporta Pabellón Mútua Levante, en Alcoi.
Catro clubs galegos conseguiron un posto no podio: O C. Noia Patín levouse o Ouro e o CPA Soutomaior a Prata en Grupos Show Grandes, e o Arealonga Chapela fíxose co Ouro e o CPA Brión coa Prata en Grupos Show Pequenos.
A clasificación dos clubs galegos no Trofeo foi:
Grupos Show Grandes:
1º C. Noia Patín, con Red Oculta, coa puntuación total de 25.75
2º CPA Soutomaior, con Has sido tú, coa puntuación total de 24.75
6º CP Ribeira, con El precio de la suerte, coa puntuación total de 19.30
11º CD Fontiñas, con Espello Embruxado, coa puntuación total de 16.16
12º CARPA Viqueira, con Como Romeo e Xulieta, coa puntuación total de 14.79
Grupos Show Pequenos:
1º Arealonga Chapela, con Mercaderes de Vidas, coa puntuación total de 29.39
2º CPA Brión, con Memento mori, coa puntuación total de 29.13
5º CP Porriño, con Hasta que la mafia nos separe, coa puntuación total de 24.73
7º CPA Axel, con Quéreme aunque te olvide…, coa puntuación total de 23.48
17º CP Campus Stellae, con El coleccionista, coa puntuación total de 18.63