O XIII Campionato de España de Solo Danza Alevín a Cadete celebrouse do 4 ao 6 de xuño en Gandía, no que Gael Fernández, do CPA Gondomar, acadou o título de campión de España en categoría Alevín Masculina.
A clasificación dos patinadores e patinadoras galegos/as foi a seguinte:
Categoría Alevín Masculina:
1º Gael Fernández Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 54.67
7º Martín Lago Alonso, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 26.87
Categoría Alevín Feminina:
Elena Iglesia Estévez, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 8.56
Categoría Infantil Feminina:
7ª Sabina Gómez Vallejo, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 61.15
Categoría Cadete Feminina:
5ª Martina Álvarez Iglesias, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 91.25
14ª Noa Silva González, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 74.04
Lucía Coence Zorrilla, do CD Fervello, coa puntuación total de 24.32
Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polos seus excelentes resultados.


















