Gael Fernández, do CPA Gondomar, proclamouse campión de España de patinaxe artística na modalidade de Libre, na categoría alevín masculina, cunha puntuación de 44.42.
Pola súa banda, Eizan Calo, do CP Ribeira, conseguiu a medalla de bronce na mesma categoría, conseguindo un total de 31.65 puntos.
O LXXIV Campionato de España de Libre deu comezo o pasado 9 de outubro en Sant Vicenç de Montalt e a competición rematará mañá, 11 de outubro.
Entrega medallas Mario Calzas, xuíz internacional pertencente a FGP e membro do Comité Nacional.
Desde a FGP queremos felicitar a ambos polo seu gran traballo e desexarlles moita sorte ás patinadoras que aínda están en competición.