PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 23

O HC Liceo proclámase campión da «Copa del Rey».

O HC Liceo proclamouse onte campión da Copa del Rey por undécima vez, tras impoñerse na final cun 4 a 1 contra o Calafell La Menorquina, con goles de Arnau Xaus e un triplete de Bruno Saavedra.

 

Foto: David Valiente-RFEP

A competición celebrouse do 18 ao 22 de marzo no Ateneu Agrícola de Sant Sadurní d´Anoia e contou coa participación do Reus Deportiu Brasilia, Barça, CE Noia Freixenet, Igualada Rigat HC, CP Voltregà Movento Stern, Aitex Pas Alcoi, Calafell La Menorquina e HC Liceo.

 

Resultados do HC Liceo na Copa:
Cuartos de final:
HC Liceo 2-1 Aitex Pas Alcoi

 

Semifinais:
Igualada Rigat HC 1-2 HC Liceo

 

Final:
Calafell La Menorquina 1-4 HC Liceo

 

Juan Copa, adestrador do HC Liceo, e María Jesús Vázquez, presidenta da FGP.

 

Dende a FGP queremos dar os parabéns a todo o equipo polo seu traballo e pola súa merecida vitoria.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL