O HC Liceo proclamouse onte campión da Copa del Rey por undécima vez, tras impoñerse na final cun 4 a 1 contra o Calafell La Menorquina, con goles de Arnau Xaus e un triplete de Bruno Saavedra.
A competición celebrouse do 18 ao 22 de marzo no Ateneu Agrícola de Sant Sadurní d´Anoia e contou coa participación do Reus Deportiu Brasilia, Barça, CE Noia Freixenet, Igualada Rigat HC, CP Voltregà Movento Stern, Aitex Pas Alcoi, Calafell La Menorquina e HC Liceo.
Resultados do HC Liceo na Copa:
Cuartos de final:
HC Liceo 2-1 Aitex Pas Alcoi
Semifinais:
Igualada Rigat HC 1-2 HC Liceo
Final:
Calafell La Menorquina 1-4 HC Liceo
Dende a FGP queremos dar os parabéns a todo o equipo polo seu traballo e pola súa merecida vitoria.


