PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo-SGS-completo-horizontal-color-rbg-1000x402px-V4

Sep 29

O Comité Galego de Skateboarding presenta o programa de tecnificación da Selección Galega.

O comité técnico de skateboarding da Federación Galega de Patinaxe presentou o programa de tecnificación de dita modalidade.

 

O programa, ademais de presentar o logo específico da Selección Galega de Skateboarding (con deseño de Eva Figueira Iglesias), ten como obxectivo preparar a un equipo formado polos mellores deportistas galegos da disciplina. Os deportistas seleccionados adestrarán e competirán a un alto nivel e representarán a Galicia en competicións nacionais e internacionais.

 

A selección basearase nas habilidades técnicas, actitude e dedicación dos deportistas, promovendo os valores do skateboard, os valores deportivos e contribuíndo ao crecemento da comunidade local, xa que a modalidade experimentou un crecemento significativo en popularidade e recoñecemento. Tamén se valorará a experiencia en competicións anteriores.

 

 O procedemento levarase a cabo polo staff técnico formado por:

 

  • Primeiro Adestrador – Iván Maroño Martínez:

Adestrador de Julia Benedetti (actual campioa do circuito español e representante nas as Olimpíadas de Tokio 2020/2021) e Xuíz Nacional de Skate.

Captura de pantalla 2023-09-29 a las 12.45.38

 

  • Segundo Adestrador – Iván Rodríguez Marques:

Responsable de xuíces da FGP e Xuíz Nacional de Skate.

Captura de pantalla 2023-09-29 a las 12.45.51

 

  • Terceira Adestradora – Eva Figueira Iglesias:

Monitora de Skate e diseñadora.

Captura de pantalla 2023-09-29 a las 12.46.30

 

  • Delegado – Antonio Escudero Feijoo:

Co-fundador da primeira escola de skate e deportes urbanos en Pontevedra, Urban Culture Factory (skatepark indoor).

 Captura de pantalla 2023-09-29 a las 12.46.42

 

Os grupos que se seleccionarán para a tecnificación e preparación a nivel nacional serán das categorías sub-15 e sub-18, así como un grupo de preselección para formar a rapaces desde a base nas categorías sub-7, sub-10 e sub-12.

 

Por último, cabe destacar que a selección galega de skateboarding será un reflexo fiel dos principios de transparencia e equidade para fomentar un ambiente deportivo xusto e de calidade.

Logo da SGS con diseño de Eva Figueiras.

Logo da SGS con diseño de Eva Figueira.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL