O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de hóckey a patíns celebrarase do 18 ao 21 de xuño. A categoría feminina terá lugar en A Coruña, no Pavillón de Monte Alto, e a masculina en Oleiros, no Polideportivo A Rabadeira.
Na categoría feminina, a selección galega atópase no grupo B, xunto con Cantabria, Catalunya, Navarra e Comunidade Valenciana.
As xogadoras que formarán parte da selección galega feminina son:
Antía Sanjurjo García
Luján Mella Padín
Malena Gómez Espiñeira
Irene Quintáns Barca
Vera Gómez Urdiales
Gemma Ramos Gil
Vera Rodríguez Pérez
Carmen Almoyna López-Amado
Ariadna Gómez Sánchez
Carlota García Moledo
O horario dos partidos da fase de grupos é o seguinte:
18 de xuño:
11:30 h Cantabria – Galicia
18:45 h Galicia – Com. Valenciana
19 de xuño:
17:30 h Navarra – Galicia
20 de xuño:
12:15 h Galicia – Catalunya
Para máis información sobre os cruces e resultados:
http://www.hockeypatines.fep.es/league/3461
A presentación do Campionato en A Coruña tivo lugar o martes 16 de xuño coa presencia do concelleiro de deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez; o vicepresidente da RFEP, Ignacio González; e a presidenta da FGP, María Jesús Vázquez.
Pola súa banda, a selección galega masculina está no grupo A con Navarra, Madrid, Cantabria e Euskadi.
Os xogadores que formarán parte da selección galega masculina son:
Martín Brión Costa
Guillermo García Vázquez
Teo Mareque Santos
Eduardo Sanjurjo Boedo
Mateo Bologna Moro
Bruno Cruzado Pidal
Lucas Trillo Blanco
Nicolás Payero Amalric
Julen Couto Gogorza
Mauro Gómez Blasco
O horario dos partidos da fase de grupos é o seguinte:
18 de xuño:
09:00 h Cantabria – Galicia
19 de xuño:
09:00 h Euskadi – Galicia
15:00 h Navarra – Galicia
20 de xuño:
09:00 h Galicia – Madrid
Para máis información sobre os cruces e resultados:
http://www.hockeypatines.fep.es/league/3460
A presentación do Campionato en Oleiros tivo lugar o luns 15 de xuño coa presencia da concelleira de deportes do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez; o vicepresidente da RFEP, Ignacio González; e a presidenta da FGP, María Jesús Vázquez.
Todos os partidos serán retransmitidos en directo. O xoves, venres e sábado pola mañá por tiivii.tv (https://tiivii.tv/home). O sábado pola tarde e domingo por Partidos Hockey Gallegos (https://www.youtube.com/@partidoshockeygallegos)



