O pasado 9 de maio, o AC Ordes conseguiu o ascenso a OK Liga Plata, tras a súa vitoria contra o CD Urdaneta.
A falta dunha xornada para rematar a OK Liga Bronce, o AC Ordes suma un total de 60 puntos, o que lle permitiu asegurar o segundo posto da clasificación.
A derradeira xornada disputarase contra o Oviedo Roller HC, líder da clasificación a dous puntos de vantaxe sobre AC Ordes.
Dende a Federación Galega de Patinaxe, queremos darlles os parabéns.


