O 12 de decembro ás 18:30h. terá lugar no Salón de Actos da Federación Galega de Patinaxe a charla «Somos Una», impartida por Sergi Macià, seleccionador absoluto feminino de hóckey a patíns da RFEP, campión de Europa e campión do mundo.
A entrada estará aberta a todos os adestradores, adestradoras e xogadoras de todos os clubs de hóckey a patíns de Galicia.




