A pasada fin de semana celebrouse no Circuíto de Montmeló, no marco do evento Graviteo, o Campionato de España de Skate na modalidade de Street.
Mateo Miranda e Luis Cabarcos, do Northside Skatepark Coruña, proclamáronse subcampións de España, Mateo na categoría Sub 12 e Luis na categoría Absoluta.
Outos deportistas galegos tamén conseguiron excelentes resultados. Samuel Cabanas, do Northside Skatepark, que acadou o terceiro posto na Categoría Sub 12.
Pola súa banda, Xian Couto, do Barrier, tamén demostrou un gran nivel, conseguindo clasificarse para semifinais, onde, lamentablemente, sufriu unha lesión.
Dende a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas e desexarlle a Xian Couto unha pronta recuperación.


