Mario de Diego, do Club Sada Patín, acadou a medalla de bronce na proba de Maratón, na categoría Master 50, nos pasados World Skate Games de Asunción 2026.
Pola súa banda, proclamouse Campión de Europa na proba de Maratón, tamén na categoría Master 50, no Campionato de Europa celebrado en Thun (Suíza).
Dende a FGP queremos darlle os parabéns polo seu traballo e polos excelentes resultados acadados.


